jueves, 17 de octubre de 2013

Benvidos!!!

Benvidos ó meu novo blogue 'Patrimonio de Ares', onde vos mostrarei distintos roteiros e distintos lugares desta fermosa vila, habitada dende fai miles de anos. Para comezar, déixovos aquí unha pequena descripción de Ares:

Fundado polos celtas, existe constancia do paso de romanos, suevos e é destacable o asentamento dunha colonia de xudeus na Baixa Idade Media, que chegaron á vila fuxindo da persecución dos Reis Católicos. Establecéronse no século XV no barrio d'O Porto, á beira do mar, para traballar no comercio da sal. A importancia desta colonia era tan grande que ata tiñan a súa propia sinagoga, da cal se conservou unha parte da estrela de David que ata fai pouco serviu coma o dintel dunha casa. No arquivo municipal atópanse nomes de personaxes xudeus intervindo activamente na política e cultura da vila. Posteriormente estos xudeus foron expulsados por mar e outros asasinados.  
Está situado no ''seo dos ártabros'', vila de raza celta que a ocupou e da que quedaron moitos vestixios, así como de outros pobos que se estableceron nela ou pasaron por ela. 

O historiador ferrolán Benito Vicetto afirma que a etimoloxía de Ares é grega e que en Montefaro había un templo ao Sol. Fai uns anos, nunhas excavacións realizadas en terreos do ex-convento de terciarios de Montefaro, apareceu unha pedra cun disco solar, que corroborou o dito polo citado escritor. Agora mesmo, esta pedra se atopa exposta no xardín-museo do citado convento, de dependencia militar. No mesmo monte hai un lugar chamado ''Pena bailadora'' (ou comunmente chamado ''A bailadora'') que alude a un monumento megalítico celta.

Ares ten coma escudo de armas un castelo que fai referencia aos nobres que guarnecían o seu territorio e á torre que campea no escudo dos Andrade. Modernamente, engadíronselle ao escudo dúas cocas sobre as almenas, paxaros que abundan na ría. 

Polo que se investigou,  sábese que abundan os castros aínda que ningún esté en bo estado debido á despiadada destrucción á que foron sometidos na busca de imaxinarios tesouros.

Isto é todo por hoxe, aquí vos deixo unha foto e un vídeo sobre esta vila, espero que vos gustase, un saúdo!!!





No hay comentarios:

Publicar un comentario